viernes, 28 de julio de 2017

Na sala de audiovisuais... Figuras ocultas

Estados Unidos, principios dos anos 60. Durante a guerra fría, en plena carreira espacial, a NASA busca mentes brillantes, persoas con talento para traballar de 'computadores humanos'. Non había supercomputadores dixitais que puidesen calcular de maneira precisa as traxectorias dun foguete, e por iso buscábanse cerebros superdotados para realizar rápidos e avanzados cálculos de cabeza. As matemáticas Katherine Johnson (Taraji P. Henson) e Dorothy Vaughan (Octavia Spencer), e a enxeñeira Mary Jackson (Janelle Monáe) serán as elixidas que para axudar á NASA para gañar a carreira espacial contra a Unión Soviética, levando a cabo a misión máis atrevida ata a data: poñer ao astronauta John Glenn en órbita ao redor da Terra.

Pero, os nomes destas tres mulleres permaneceron silenciados pola Historia. E é que, ademais de mulleres, estas tres heroínas eran afroamericanas e, ata agora, o seu labor permaneceu oculta. Este filme, baseado no libro de Margot Le Shetterly, descóbrenos a historia destas heroínas que, permaneceron segregadas e recibiron un soldo menor que o dos seus equivalentes brancos, pero cuxo extraordinario traballo resultou indispensable para os avances que permitiron as viaxes espaciais.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA FIG novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


No hay comentarios: