miércoles, 29 de marzo de 2017

Obradoiro "Coñecendo a Maruja Mallo"



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta 

20 prazas

Sábado 1 - 12:00 - Sala multiusos




Con Escola Lucense de Tempo Libre.

Para conmemorar o "Día das Artes Galegas"

Partindo de dúas obras de Maruja Mallo (Máscaras e Máscaras con bolboretas) cada participante fará unha interpretación, contará un conto a través da ilustración. “Animaremos” estas dúas obras da pintora.

Técnica: recortables, debuxo, pintura.





martes, 28 de marzo de 2017

Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2017"

Como en anos anteriores, convocamos o noso Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2017".

Poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, en dúas modalidades: Narración e Debuxo. E o tema escollido este ano é "O mundo que queremos" (coidado do medio ambiente, a saúde, a integración, a igualdade, o respeto...).

As narracións deberán ser en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; e os debuxos deberán estar feitos sobre cartolina de tamaño aproximado ó DIN-A4.

Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais. Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos

B -- nenos de 9 a 11 anos

C --- rapaces de 12 a 16 anos


Fase Local

O prazo de presentación dos traballos da Fase Local remata o vindeiro 8 de maio, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

O xurado, que estará formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade (debuxo e narración) e categoría (A, B e C) un máximo de 3 traballos. Os seleccionados daránse a coñocer antes do Día das Letras Galegas, e recibirán cadanseu diploma e lote de libros.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame, convocada pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 


Fase Provincial

Nesta fase participarán os traballos seleccionados nas respectivas fases locais das bibliotecas municipais da provincia de Lugo. Cada biblioteca poderá presentar un máximo de tres traballos por modalidade e categoría. O prazo de presentación dos mesmos remata o vindeiro 31 de maio.

O xurado seleccionará por cada modalidade (debuxo e narración) e categoría (A, B e C) un máximo de 3 traballos, que daránse a coñocer durante a primeira quincena de xuño, e recibirán tamén cadanseu diploma e lote de libros. Ademáis, os traballos premiados en ambas fases pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.


lunes, 27 de marzo de 2017

"As historias do Kamishibai" con Juan Juste




Teatro de papel

Para todos os públicos

Venres 31 - 18:00 - Salón de Actos




"As historias do Kamishibai" é un espectáculo que mestura o mundo máxico do teatro de papel e luz tradicional xaponés con despregabres pop-up. Historias da natureza, da amizade, de baleas e fotógrafos aventureiros, de insectos de diferentes cores e de lendas cósmicas. Todo ten cabida no mundo dos soños do Kamishibai.





viernes, 24 de marzo de 2017

Na sala de audiovisuais... Captain fantastic


Ben (Viggo Mortensen) é un home que pasou dez anos vivindo nos remotos bosques situados no noroeste dos Estados Unidos criando aos seus seis fillos. Con todo, as circunstancias fan que tal peculiar familia deba abandonar o seu modo de vida na natureza e volver á civilización. Asimilar a súa nova situación e adaptarse de novo á sociedade moderna non lles vai a resultar nada sinxelo.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA CAP novidades


Desfruta do trailer


(fuente: FilmAffiinity)


jueves, 23 de marzo de 2017

A cita da semana


miércoles, 22 de marzo de 2017

The time of my life, de Hadley Freeman

"Dirty Dancing" ensinounos que si, as mulleres abortan.

"La princesa prometida" ensinounos que o amor verdadeiro non é un conto de fadas.

"Cazafantasmas" ensinounos que a amizade masculina non ten por que ser inmatura.

"La chica de rosa" ensinounos que a personalidade non depende do vestido que leves.

"Todo en un día" ensinounos que sempre haberá clases sociais.

"Regreso al futuro" ensinounos que os nosos pais son tan complicados como nós.

Non sabiamos que as películas que nos cambiaron a vida tamén nos estaban preparando para as loitas de hoxe. Un ensaio revelador.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
791 FRE tim novidades


martes, 21 de marzo de 2017

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Cansos de ler historias ficticias? Pois non hai nada mellor ca un libro de non-ficción para solucionalo! Ensaio, filosofía, gastronomía, novas tecnoloxías, política, música... Toda unha mestura de temas para o voso goce. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



lunes, 20 de marzo de 2017

Obradoiro "O tolo libro de Cervantes" con Down Lugo



Nenos de 7 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

15 prazas

Venres 24 - 18:00 - Sala multiusos




Obradoiro de lectura fácil ao redor da conmemoración do IV centenario da morte de Cervantes.





"Servando canta a Rosalía" con Servando Barreiro



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

30 prazas

Venres 24 - 18:00 - Ludoteca




Poemas de Rosalía de Castro interpretados e musicados por Servando Barreiro





viernes, 17 de marzo de 2017

Na sala de audiovisuais... Tarde para la ira


Madrid, agosto de 2006. Curro entra en prisión tras participar no atraco dunha xoiería. Oito anos despois sae do cárcere con ganas de emprender unha nova vida xunto á súa familia, pero atoparase cunha situación inesperada e a un descoñecido, José, que lle levará a emprender unha estraña viaxe no que, xuntos, enfrontaranse a pantasmas do pasado e afundiranse no abismo da vinganza.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL TAR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 16 de marzo de 2017

Curso "Correo electrónico e App's de Google"




A próxima semana teremos un novo curso de alfabetización dixital, neste caso para aprender a manexar o correo electrónico e distintas app's de Google.

Terá lugar do 21 ao 23 de marzo, de 18:00 a 19:30h., e o contido do curso será o seguinte:

1. Correo electrónico:
1.1 Crear unha conta de correo electrónico
1.2 Enviar e recibir correo electrónico
1.3 Xuntar arquivos
1.4 Xestionar e personalizar a aplicación de correo electrónico: crear carpetas, organizar os correos, cambiar temas e personalizar a interface…

2. App’s de google:

2.1 Organizar o traballo coas ferramentas on line: lista de tarefas e Google Calendar

O curso ten un cupo de 10 prazas e é totalmente gratuíto. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.



Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 17, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



miércoles, 15 de marzo de 2017

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Hoxe traemos algunhas das últimas novidades que andan pola Biblioteca, algunhas do máis solicitadas! Non deixedes de vir visitarnos e rebuscar nos andeis de novidades, co que ademáis podédes cumprir algunha das categorías do noso reto de lecturaPremendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



martes, 14 de marzo de 2017

La biblioteca de los libros rechazados, de David Foenkinos

En Crozon (Bretaña), un bibliotecario decide albergar todos os manuscritos que foron rexeitados polos editores. Estando de vacacións na localidade bretoa, unha moza editora e o seu marido escritor visitan a biblioteca dos libros rexeitados e atopan nela unha obra mestra: As últimas horas dunha historia de amor, novela escrita por un tal Henri Pick, falecido dous anos antes.

Pick rexentaba, xunto á súa viúva Madeleine, unha pizzería, e segundo ela nunca leu un só libro e moito menos escribiu nada que non fose a lista da compra. Tiña o autor unha vida secreta?

Rodeado dun gran misterio, o libro triunfa nas librerías, provoca efectos sorprendentes no mundo editorial e cambia o destino de moitas persoas, especialmente o de Jean-Michel Rouche, un xornalista obstinado que dubida da versión oficial dos feitos. E se esta publicación non é máis que un coidado plan de márketing?


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N FIE bib novidades humor




lunes, 13 de marzo de 2017

"Badabín Badabam" con David Méndez



Para todos os públicos


Ata completar aforo


Venres 17 - 18:00 - Salón de Actos




Un espectáculo de maxia diferente onde podes ser espectador e aprender os principios da maxia ao mesmo tempo. Participa e ilusionate, vendo como funcionan trucos e impresionantes efectos. Unha actuación máxica, na que o espectador o final aprende xogos fáciles e eficaces.